Deportes

A festa do fútbol xuvenil

V Torneo “Memorial Manolo Arnoia”, o 31 de agosto en Santa Cruz de Arrabaldo

celtaxuvenil

Dar a coñecer a Sociedade Deportiva e Cultural Arrabaldo, Ourense provincia, e sobre todo fomentar o deporte do fútbol e os clubs de Ourense que contan con equipos de base. Eses son os obxectivos cos que nacía hai cinco anos o Torneo “Memorial Manolo Arnoia” de fútbol xuvenil, coincidindo coa inauguración do campo de fútbol do Seixo en Santa Cruz de Arrabaldo.
Ao longo destes anos o torneo contou coa participación de equipos de gran nivel, como as escolas de fútbol base do R. C. Celta de Vigo e do R. C. Deportivo da Coruña, así como a escola do Pabellón Ourense F.C. contando asemande, con equipos de fóra de Galicia como o Sporting de Xixón, o Atl. de Madrid ou o Real Madrid.

Este ano, a V edición do torneo organizado en memoria de Manolo Arnoia (empresario ourensán que sempre apoiou e colaborou coa S.D.C. Arrabaldo), celebrarase o vindeiro sábado 31 de agosto e partires das 10h. e contará de novo cos equipos xuvenís do Atlético de Madrid, do Celta de Vigo, do Deportivo da Coruña e en representación de Ourense, do Pabellón F.C.
Tralos correspondentes partidos que se sucederán ao longo de todo o día, en torno ás 21h. procederase á entrega de trofeos (aos 4 equipos participantes, ao mellor xogador do torneo, ao máximo goleador, ao mellor porteiro e ao equipo máis deportivo), e farase a presentación dos equipos do Arrabaldo.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button