EconomíaEconomíaÚltima hora

A Festa do Pulpo do Carballiño, declarada de interese turístico internacional

Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Secretaría de Turismo do goberno de España vén de comunicarlle ao alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, a nova da declaración da Festa do Pulpo de interese turístico internacional. Unha nova que o organismo do goberno de España facía público a través dunha mensaxe en twitter.

“Trátase dunha boa nova para O Carballiño e a Festa do Pulpo, que surte efecto tras varios años de moito esforzo para poder cumplir os requisitos desta declaración, que son moi rigurosos e cambiaron hai pouco tempo”, destacan dende o Concello, que ademais agradece “ao secretario de Turismo, ao goberno de España e tamén á Xunta de Galicia, que sempre colaborou co Concello para poder obter esta cualificación, a deferencia co Carballiño e, sobre todo, coa Festa do Pulpo, que é unha das maiores manifestacións gastronómicas de Galicia e España, e ahora o será tamén do mundo”.

 

 

Deste xeito, a 60 Festa do Pulpo, que tras dous anos de pandemia non se puido celebrar, estreará o domingo 14 de agosto a tan ansiada declaración de Festa de Interese Turístico Internacional, “e iso é un motivo de orgullo para O Carballiño e para a nosa tradición pulpeira”, din dende o Concello, que tamén resalta “o bo traballo dos concelleiros e concelleiras do goberno municipal para a obtención desta declaración, en especial, do concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, así como o de Cultura, Diego Fernández, quen xunto co alcalde levaron directamente os trámites”.

Por outra banda, a directora de Turismo de Galicia, Castro felicitaba hoxe ao Concello do Carballiño por este recoñecemento recoñecemento. Tras ser declarada o 12 de xullo de 2012 como Festa de Interese Turístico Nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, decídese desde o concello do Carballiño rexistrar a marca, tanto da festa como da mascota.

En abril, o Concello presentaba a solicitude ao Estado para a declaración da festa do polbo como Festa de Interese Turístico Internacional co informe favorable da Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button