EconomíaEconomíaÚltima hora

A Festa do Pulpo do Carballiño, un paso máis cerca de acadar a categoría de interese turístico internacional

A Xunta remitiu un informe favorable á Secretaría de Estado de Turismo, organismo competente para formalizar esta distinción

 

A Xunta, a través de Turismo de Galicia vén de informar favorablemente a concesión da categoría de interese turístico internacional para a Festa do Pulpo do Carballiño, segundo a orde ITC/85/2019, do 25 de xullo, pola que se regula a declaración de festas de interese turístico nacional e internacional.

Así, e de acordo con esta normativa, o departamento do Goberno galego remitiulle hoxe á Secretaria de Estado de Turismo, do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo o expediente administrativo co informe favorable, xa que de acordo coa documentación presentada pola entidade promotora, neste caso o Concello do Carballiño, “cúmprense os requisitos preceptivos para a concesión”.

Para que unha festa poida optar á declaración de interese turístico internacional, debe contar previamente coa declaración de festa de interese autonómico e logo nacional, categoría esta última da que goza desde o ano 2012.

Na súa avaliación, Turismo de Galicia tivo en conta, entre outros factores o arraigo na sociedade e a tradición da Festa do Pulpo, así como a capacidade organizativa e as posibilidades en materia de aloxamento para os visitantes. Ademais, a Xunta valorou o apartado de promoción e difusión da festa no ámbito dos medios de comunicación internacionais e a promoción a través dos propios medios dixitais, tales como as contas en redes sociais e a páxina web.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close