EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

A Festa do Viño Novo da Teixeira reúne a unhas 600 persoas

 

A tradición vitivinícola faise paisaxe na Teixeira, unha localidade da Ribeira Sacra ourensá que exalta cada outono a nova colleita cunha celebración moi especial: a Festa do Viño Novo. Esta cita tiña lugar neste sábado 23 de novembro, mantendo un programa moi similar ao de anos anteriores e no que a Charanga Nova Terras de Trives poñía son á sesión vermú.

 

 

O acto central era un concorrido xantar popular ás 14h., cun menú a base de empanada, pulpo en abundancia e carne ao caldeiro. Este pratos estaban acompañados por viños das adegas da Teixeira, un territorio amparado pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Na sobremesa servíase bica, ademais de café e licores.

 

 

Esta festa acostuma congregaba a preto de 600 persoas na Teixeira, atraídas pola gran calidade dos viños da zona e tamén pola súa gastronomía. A celebración foi organizada polo Concello da Teixeira, que preside Miguel Cid, co apoio da Deputación de Ourense e do Inorde.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Catro dos adegueiros da Teixeira participantes na celebración.

Artigos relacionados

Back to top button