En portadaÚltima hora

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas, declarada de interese turístico galego

Tamén ven de ser distinguida con este recoñecemento a Festa da Vendima de Leiro

Festa dos Fachós de Castro Caldelas./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Consello da Xunta aprobaba na súa reunión deste xoves 27 de febreiro a declaración de seis novas festas de interese turístico galego, das cales dúas son ourensás. Así finalmente Castro Caldelas ve cumprida a aspiración de que a Festa dos Fachós, que se celebra cada 19 de xaneiro, logre este recoñecemento.

Nesta festa, considerada unha das máis antigas de Galicia, unha gran procesión de feixes de palla acesos percorre Castro Caldelas, precedida por un gran fachón e a figura dun San Sebastián de Palla. Esta celebración atrae a multitude de persoas cada ano.

Ademais o Consello da Xunta aprobaba a declaración como festa de interese turístico galego da Festa da Vendima de Leiro, que recrea unha representación moi similar á vendima que se facía a comezos do século XX.

 

Artigos relacionados

Back to top button