OurenseÚltima hora

A Festa dos Maios de Ourense repartirá 15.000 euros en premios e axudas á participación

A celebración será o domingo 1 de maio e a data de inscrición remata o 26 de abril

Publicidade
Festa dos Maios en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A xunta de goberno local do Concello de Ourense vén de aprobar as bases e a convocatoria do concurso que premiará os mellores maios e coplas da próxima edición da Festa dos Maios, que se celebrará o primeiro domingo, día 1, de maio.

O Concello convida a asociacións, colexios e outras entidades e colectivos para que se inscriban, antes do día 26 de abril, no certame, que repartirá 15.000 euros en premios e axudas á participación.

Con respecto ao concurso de maios establécense catro categorías: Maio Enxebre, aquel maio tradicional e figurativo que representa pirámides, conos ou cruceiros. As súas medidas deben comprender como mínimo 1.5 metros de altura medidos desde o chan; Maio Artístico, o que recrea, cos elementos tradicionais, escenas cotiás, monumentos ou obras de arte do pobo ou da cidade, personaxes, etc.; Maio Creativo é a representación dos maios enxebres (pirámides, conos ou cruceiros), podendo utilizar calquera técnica ou material; e  Maio Infantil, realizado por nenos e nenas, menores de 18 anos, colexios, AMPA,… En todo caso, o representante legal para o cobro da subvención ou premio será un adulto.

Para o concurso de coplas son dúas as categorías: Infantís, realizadas por nenos e nenas menores de 18 anos; e adultos.

Bases_Maios_2022

Artigos relacionados

Back to top button