ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A festa dos Remedios en Castro Caldelas remata o luns 9 de setembro

O Irrio Peliqueiro acompaña á procesión polas rúas da localidade

 

Castro Caldelas é outro dos concellos ourensás que está de festa. De feito, no mediodía do 8 de setembro a imaxe da Virxe dos Remedios percorría como cada ano as rúas da localidade bordeando o castelo, acompañada polo son das gaitas e da banda de música de Vilanova dos Infantes, así como dos cabezudos. Coma sempre, a figura enmascarada do Irrio Peliqueiro era a encargada de poñer orde.

 

Dous cabezudos na procesión de Castro Caldelas.

 

Neste domingo os actos festivos comezaban cun pasarrúas a cargo da banda de música, dos  Airiños de Caldelas e da Banda de Gaitas Os Trabazos. Logo viña a procesión e a misa, e pola tarde a festa continúa coa orquestra Os Satélites que actuarán en sesión de tarde e verbena.

As festas rematan mañá, luns 9 de setembro. Pola mañá haberá pasarrrúas e concerto da charanga Nova Terras de Trives; actividades para a promoción da igualdade (11h.); e de novo procsión e misa (12:30h.). E xa pola tarde, un espectáculo infantil (18:30h.); e baile e verbena coa orquestra Garibaldi, que incluirá un concurso de disfraces, cun premio único de 200 euros para o mellor disfraz/ comparsa.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close