CulturaCulturaÚltima hora

A FIC Vía XIV de Verín homenaxeará ao actor galego Luís Zahera

Terá lugar o vindeiro 11 de setembro nun acto que se celebrará na vila

 

A FIC Vía XIV de Verín homenaxeará ao actor galego Luís Zahera. Será o vindeiro 11 de setembro nun acto que estará aberto ao público, e o propio Zahera falará cos asistentes sobre a súa traxectoria profesional e respecto diso de como ve o ámbito cinematográfico no contexto actual, marcado pola pandemia. Ademais, o FIC Vía XIV programará unha selección de curtos e traballos nos que participou o actor.

Luís Zahera, ten ampla experiencia en cinema, televisión e teatro e foi gañador dun Premio Goya ao Mellor Actor de Reparto en 2018 por “El Reino”. Así, o actor quixo significar a homenaxe que lle renderá o FIC Vía XIV sinalando que “as mostras de agarimo son moi agradecidas, sobre todo no contexto actual”. Un momento que o actor cualifica como “moi raro para o sector cultural”.

Ademais, mostrouse moi “orgulloso” de suceder a “unha grande do noso cinema como Mabel Rivera” como figura homenaxeada no FIC Vía XIV. “Grazas por este recoñecemento e vémonos en Verín”, indicou.

Artigos relacionados

Back to top button