CulturaCulturaÚltima hora

A filóloga vianesa Concepción Álvarez pechará o ciclo de conferencias en torno a Florencio Delgado

A súa charla será na Adega Peyma (Fontei, A Rúa) o 29 de novembro

Concepción Álvarez Pousa nunha imaxe de arquivo. /Foto cedida.

 

Por segundo ano consecutivo a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán (o poeta de Córgomo, Vilamartín de Valdeorras) será analizada nun ciclo de conferencias previsto para este mes de novembro en tres adegas valdeorresas. A primeira, o venres día 15 ás 20:30h. será na vila natal do literato, na Adega d’Berna, e correrá a cargo de Xosé Manoel Rodríguez quen falará sobre “Carlos Velo, 110 anos entre Galiza e México”.

A segunda conferencia, impartida por Sechu Sende, será o 22 de novembro ás 20:30h na Adega Carballal en Petín, e xirará en torno a “Florencio Delgado Gurriarán e as palavras rebeldes em defensa da língua. Achegamento sociolingüístico á súa poesía”.

A encargada de pechar o ciclo será a filóloga vianesa Concepción Álvarez Pousa que disertará na Adega Peyma en Fontei (A Rúa) sobre “A variedade valdeorresa do galego oriental. A súa presenza na lingua literaria de Florencio Delgado Gurriarán”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close