DeportesÚltima hora

A final do campionato galego cadete feminino de voleibol xogarase o 12 de maio en Quiroga

O equipo lucense Ribeira Sacra é o organizador da competición en colaboración coa FGV
Concentración das seleccións cadete e infantil, nesta Semana Santa en Quiroga.

Ao longo desta tempada o pavillón municipal de Quiroga acolleu diversas concentracións das seleccións galegas de voleibol, froito da colaboración entre o Concello e a Federación, pero a aposta deste municipio lucense por este deporte vai máis a alá e neste mesmo mes acollerá unha proba de carácter autonómico.

Da man do C.V. Ribeira Sacra e da propia FGV, o vindeiro 12 de maio disputarase en Quiroga a  final do campionato galego cadete feminino 2019 na que participarán catro equipos. Para as 10h. está previsto o partido entre o Ribeira Sacra e Zalaeta Coruña e ás 12h. xogarán Calasancias Coruña e Emevé. Xa pola tarde, ás 17h. xogarase o partido para o 3º e 4º posto e ás 19h. a gran final coa posterior entrega de trofeos.

Para esta competición, que se disputará coincidindo coa Mostra do Aceite, o equipo organizador contará con todo o seu plantel incluída a quiroguesa Carolina Camino, deportista que forma parte da concentración permanente da Federación Española de Voleibol.

 

Artigos relacionados

Back to top button