DeportesFútbolOurense CFÚltima hora

A final do play off de ascenso a Segunda B entre o Ourense CF e a SD Compostela xogarase a porta pechada

O encontro terá lugar o vindeiro sábado, 25 de xullo, no estadio de Balaídos (Vigo)

A final do play off de ascenso a Segunda División B entre o Ourense CF e a SD Compostela xogarase, finalmente, a porta pechada. Así o comunicaban hoxe dende a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF).

 

Cartel do partido.

 

O encontro terá lugar o vindeiro sábado, 25 de xullo, ás 19:30 horas no Estadio Municipal de Balaídos (Vigo). Os equipos desputarán un único partido para conseguir o ascenso despois de conseguir a vitoria ante o CD Barco e o Arosa CF.

Artigos relacionados

Back to top button