OurenseÚltima hora

A finalista máis nova do Piano Meeting abre o festival na praza Maior de Ourense

Ata as 21:30h de hoxe, 22 de setembro, sucederanse as actuacións en catro espazos da cidade
Imaxe da primeira edición do Piano Meeting./ Foto: Carlos G. Hervella.

A cidade das Burgas acolle hoxe, 22 de setembro a segunda edición do Piano Meeting, o festival ao aire libre centrado nos catro pianos situados en catro puntos emblemáticos da cidade: praza Maior, As Burgas, o Xardín do Posío e o Parque de San Lázaro.
O festival comezaba ás 12 horas, de xeito simultáneo nos catro espazos. Na praza Maior tocaba Alisa Zhgenti, de 10 anos de idade, a finalista máis nova das dúas edicións do festival, e entre o público asistente estaba o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Ata as 21:30 horas, hora na que a praza Maior acollerá o concerto final, o programa contempla nos catro puntos as actuacións dos 20 músicos seleccionados na fase de concurso do festival, sete obradoiros para neófitos Aprende a tocar unha peza e cinco concertos de músicos convidados, así como momentos libres para permitir a participación de espontáneos que se animen a tocar.

No mes de xullo, o xurado escolleu entre os participantes aos primeiros 10 finalistas, que foron o Trío Ramales e Jorge Balanzá, que se fixeron co primeiro premio; Carolina Santiago, galardoada co segundo premio e Sergio de Miguel Jazz Trío; Lara Martínez Taboada; o Dúo Liliak; Alisa Zhgenti; ASR Jazz Trío; Rebeca Miyar e Miguel Iglesias. A través das redes sociais escolléronse outros 20 músicos dos que o público elixiu aos outros 10 finalistas que participan hoxe no festival: Marta Aranda, o Dúo Emanarte, Joana María Riera, Sergio de Miguel Grupo de Cámara; o Dúo David e Leticia; Cris Rodríguez; Manuel Josué; o Trío Benonar; Adriana Iglesias e Diego Mata Pose.

Artigos relacionados

Back to top button