CulturaCulturaÚltima hora

A firma “Nicandra”, con sede en Verín, doa a organización do FIC Vía XIV un total de 130 mascarillas

 

“Nicandra”, unha firma de moda especializada no sector nupcial con sede en Verín, vén de doar á organización do FIC Vía XIV un total de 130 mascarillas para que poidan ser utilizadas polos asistentes ás diferentes actividades e proxeccións que albergue o certame.

O director do festival, Carlos Montero, agradeceu este xesto, “xa que hoxe por hoxe é unha das empresas emblemáticas e máis dinámicas de Verín, cunha clara vocación solidaria amosada durante o confinamento”.

 

 

A firma verinesa, unha das entidades colaboradoras do FIC Vía XIV 2020, leva suministrado durante a pandemia miles de máscaras e equipos de protección a profesionais e empresas e particulares.

Dende a organización explican que “as responsables de Nicandra comezaron a deseñar e fabricar máscaras durante as xornadas máis estritas do confinamento, e con finalidade solidaria. Con tecidos estampados, deseños propios ou motivos de diverso tipo, as máscaras de Nicandra están perfectamente homologadas para seren empregadas fronte á Covid-19, cun control e cunha calidade do produto esterilizada”.

Artigos relacionados

Back to top button