OurenseÚltima hora

A formación audiovisual centra o primeiro dos cinco campamentos tecnolóxicos de verán en Ourense

30 rapaces recibirán formación en tratamento de fotografías, edición de vídeos, cine 3D e cómic, en La Molinera
A edición de vídeos é un dos campamentos que se desenvolverán en La Molinera.

Coa posta en marcha dunha semana de formación en materia de audiovisual, comezaban a súa actividade estival os Campamentos Tecnolóxicos de La Molinera, en Ourense.

Así, unha trintena de rapaces con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos aprenderán nestes días as máis modernas técnicas de edición audiovisual. Entre o luns e o venres, de 8 a 14 horas, recibirán formación en tratamento de fotografías co programa Painting Light; edición de vídeos con Chroma Key, cine 3D, foto e cómic, e realizarán un proxecto que se presentará ao final da semana.

O campamento de audiovisual é o primeiro dos cinco programados pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Ourense para achegar as novas tecnoloxías á rapazada ourensá, dende esta semana até a última do mes de xullo, e nos que participarán un total de 150 mozos.

A vindeira semana terá lugar outro campamento de Realidade Virtual, que na segunda semana de xullo permitirá aos seus participantes crear mundos dixitais a través da arquitectura 3D. Na terceira semana a formación estará dirixida a prototipar novas solucións e videoxogos coa robótica; e xa última os participantes poderán deixar voar a súa imaxinación cun campamento dedicado aos drons.

Artigos relacionados

Back to top button