ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A forza e o cromatismo do fulión e dos Boteiros toma Compostela

A capital galega era escenario dun desfile no que participaban, entre outros, os Entroidos de Viana e Vilariño de Conso

Polo casco vello de Santiago desfilaban o sábado 7 de setembro algunhas das manifestacións máis tradicionais do Entroido galego. Neste desfile, organizado pola Xunta de Galicia, participaban unhas 300 persoas que daban vida ás celebracións deste tipo recoñecidas como festa de Interese Turístico como é o caso das de Viana do Bolo e Vilariño de Conso co fulión e os Boteiro; Xinzo de Limia, coas Pantallas ou os Cigarróns de Verín, cuxo Entroido conta coa declaración como festa de Interese Turístico Nacional.

 

 

Tamén estaban as Madamas e Galáns de Vilaboa de Cobres (Pontevedra), os Xenerais da Ulla, o Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada), cos Volantes; as Bonitas de Sande (Cartelle), os Vellaróns de Riós, os Vergalleiros de Sarreaus, os Galos da Mezquita (A Merca) e o Entroido de San Mamede (Paderne), así como o Entroido de Lobios e o de Entrimo.

Fotos: Ares Pérez.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button