CulturaCulturaÚltima hora

A foto “Agora e sempre”, da ruesa Marina Puga, 1º premio do concurso “Olladas de Igualdade”

O segundo premio do certame, convocado polo Concello da Rúa, foi para a fotografía "Olládenos" de Luis Prada (O Barco)

O xurado deliberando.

 

Un total de 10 persoas (16 imaxes) participaban na V edición do concurso fotográfico “Olladas de igualdade”, organizado polo Concello da Rúa con motivo do 8 de marzo.

Trala deliberación do xurado, que valorou especialmente a temática do concurso (a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres así como a visibilización do traballo da muller), o primeiro premio dotado con 150€ foi para a fotografía “Agora e sempre” de Marina Puga Alonso da Rúa;  o segundo, con 75€ para “Olládenos”, de Luis Prada Ferrer, do Barco; e o terceiro con 50€ para “Xuntos e iguais, máis fortes” de Javier Rodríguez Tato, do  Barco.

Ademais da Rúa e do Barco, entre os participantes había fotógafos de Fene (A Coruña), de Logroño (A Rioxa) e de Pamplona.

 

“Agora e sempre”, primeiro premio.

 

“Olládenos”, segundo premio.

 

“Xuntos máis fortes”, terceiro premio.

Artigos relacionados

Back to top button