OurenseÚltima hora

A fotografía do ourensán Santi Barreiros toma a sala Valente, en Ourense

A inauguración da exposición “Xeografía do Efémero” será hoxe ás 20h. e permanecerá aberta ata setembro
Unha das fotografías da exposición.

Dende hoxe, 21 de xuño e ata o mes de setembro, a sala Valente de Ouerense acolle a exposición “Xeografía do Efémero”, do ourensán Santi Barreiros, “un fotógrafo que xa forma parte do hábitat cultural desta cidade”, salientaba Belén Iglesias, concelleira de Cultura.

A exposición amosa obxectos inertes, pero só namentres están plasmados no soporte fotográfico, pois aos ollos dos espectadores cobran vida: “As paisaxes das penas, as pólas das árbores, as pingas de auga ou as arañeiras son parte dun ecosistema vivo que cobra vida na nosa retina”, dixo. “Porén, capturar o momento non depende tanto do obxecto mecánico co que se leve a cabo, senón do ollo que mira a través del. E na cabeza de Santi Barreiros hai moito movemento, moita cor… moita vida”, proseguía.

A inauguración da mostra será esta tarde ás 20h.

Artigos relacionados

Back to top button