EconomíaEconomíaÚltima hora

A Fundación Belarmino Fernández aposta pola sostibilidade na hostalaría

A Escola de Hostalería xestionada pola Fundación acolleu esta mañá unha xornada formativa de sensibilización ambiental, coincidindo co Día Mundial da Terra

Un dos momentos da actividade.

 

A Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández Iglesias, situada en Rosende (Sober), acollía esta mañá unha sesión de sensibilización ambiental na que un total de 16 estudantes recibiron información sobre o rol da hostalería na loita contra o cambio climático. A actividade realizouse coincidindo co Día Mundial da Terra, cuxo principal obxectivo é crear unha conciencia común e protexer o planeta, poñendo fin ás preocupacións ambientais como a contaminación, o cambio climático ou a desaparición da biodiversidade.

A xornada, organizada por Coca-Cola, ofreceu ao alumnado as claves para converter os establecementos hostaleiros en negocios máis sostibles e respectuosos co planeta, reducindo así o impacto deste sector no medio ambiente, posto que a aposta pola sustentabilidade é un dos puntos crave para paliar os efectos da pandemia do Covid-19 e posibilitar a recuperación económica do sector. Esta sesión atópase dentro do marco da iniciativa Hostalería # PorElClima que facilita que as empresas de hostalería sómense aos obxectivos do Acordo de París e consigan converterse en establecementos neutros de carbono.

 

Artigos relacionados

Back to top button