EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A Fundación Iberdrola segue colaborando con Asfaval

Representantes da empresa hidroeléctrica visitaron a sede da asociación no Barco de Valdeorras

Por cuarto ano consecutivo, a Fundación Iberdrola fixo a súa aportación económica a Asfaval. En total son 2.500 euros que a Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras utiliza para manter certos servizos.

Así o explicaba a presidenta da entidade Amelia Blanco, na mañá do 15 de xaneiro, durante a visita que os representantes da compañía hidroeléctroca facían ao centro ubicado na Urbanización Las Huertas, no Barco de Valdeorras. Miguel Ángel López, director de explotación das centrais do Sil en Galicia explicou que se trata dunha axuda que a Fundación destina a este tipo de entidades “que favorece o apoio social e a inclusión de xente con discapacidade e esperamos poder continuar con ela para o futuro”.

Miguel Ángel estuvo acompañado por Francisco Silva, delegado en Galicia de Iberdrola e da Fundación Iberdrola e a presidenta de Asfaval aproveitou a ocasión para agradecerlles persoalmente a aportación, engadindo que no ano 2018 tamén colaboraron coa asociación o Concello do Barco de Valdeorras cun convenio por valor de 7.000 euros cedéndolles ademais o premio ECOEMBES de 2.000 euros; a Fundación ONCE cunha aportación de 2.956,64 euros; Sergal con 980 euros; a Deputación de Ourense e o Parlamento de Galicia cunha subvención de 4.000 euros en trámite; e a Obra Social La Caixa, coa equipación deportiva.

Amelia Blanco tamén explicou que o servizo de residencia “é unha necesidade e unha persecución da nosa entidade dende a súa creación, co que queremos dar cobertura ás familias de Valdeorras e zonas limítrofes”, lamentando que “a inquedanza por mellorar os servizos xa implantados e executar novas accións en beneficio dos nosos usuarios, complícasenos cada vez máis debido aos recurtes en axudas sociais e á paulatina diminución dos usuarios na asociación”, algo que sucede, segundo Amelia “porque ao estar nunha zona rural é difícil poder acceder a todas as familias que se poderían beneficiar destes servizos”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button