CulturaCulturaÚltima hora

A Galeguidade na Arxentina, de festa

O centro de Bos Aires acolle os actos da iniciativa ‘Buenos Aires celebra Galicia’
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, nesta celebración en Bos Aires.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, nesta celebración en Bos Aires.

Os actos da iniciativa ‘Buenos Aires celebra Galicia’, celebrados na capital arxentina a mediados de setembro, veñen de situar a Galicia e ao Camiño de Santiago nos epicentros da actividade social e cultural da capital bonaerense. Desenvolvíanse na Avenida de Maio e rúas e prazas adxacentes, durante toda a xornada do 14 de setembro, con diversas expresións artísticas e plásticas coas que os arxentinos puideron acceder á imaxe real e actualizada dunha Galicia moderna e competitiva, á vez que afondan no coñecemento da súa cultura tradicional.

Estes actos contaron coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, entre outras autoridades. Diferentes formacións musicais e teatrais, todos eles vinculados a centros da diáspora, ofreceron ao longo de todo o día espectáculos de rúa, e tamén nos escenarios, para tódalas idades. Estas comunidades galegas proceden, ademais de Arxentina, de países da contorna: Chile e Uruguai. E, dentro da Arxentina, é tamén variada a procedencia das comunidades que participan no evento con achegas que o público poderá coñecer e gozar; así, participan entidades de Rosario, Santa Fe, Mar del Plata, e Patagonia.

Ademais no marco desta celebración, a Xunta de Galicia levou a Bos Aires (dando así por vez primeira o salto alén o Atlántico) a área expositiva ‘Galicia, Pórtico Universal’ , que neste ano visita outras cidades de España e Europa (Barcelona, Hamburgo, Vitoria e Córdoba). Trátase dun espazo “que pon en valor os tesouros culturais, turísticos, gastronómicos, e artesanais de Galicia, en definitiva a cultura e calidade galegas”, segundo informa a Admon autonómica.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button