CulturaCultura

A Galería Marimón de Ourense estará no JUSTMAD

A artista Tamara Feijóo representará á galería ourensá na feira de arte emerxente de Madrid
Naturalezas invasoras (Magnolia liliflora), 2013, de Tamara Feijóo.
Naturalezas invasoras (Magnolia liliflora), 2013, de Tamara Feijóo.

A feira de arte emerxente JUSTMAD regresa ao COAM (Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid; Hortaleza, 63) do 24 de febrero ao 1 de marzo, coa sección adicada a galerías neoiorkinas e outra de residencias, centrada en artistas latinoamericanos.

A sexta edición da feria concentra en Madrid unha importante selección de arte contemporánea emerxente global con artistas e galerías que están transformando o actual mercado da arte.

Máis de 40 galerías, a metade internacionais, procedentes de 10 países distintos, definen dende o COAM o discurso estético da cita que estará dividida en catro seccións: Xeral, Just Brooklyn, Just Residence e Just Projects.

Unha decena de galerías, escollidas polo crítico e comisario Ángel Calvo Ulloa, entre as que figura Marisa Marimón de Ourense (representada pola xove artista Tamara Feijóo), forman parte da sección Just Projects, cuxo obxectivo é “redefinir o concepto emerxente”.

Artigos relacionados

Back to top button