OurenseÚltima hora

A gañadora María del Rosario López Sánchez recolle o XXXV Premio de Poesía Cidade de Ourense

O poemario “Álbum” foi elixido entre 49 autores de Galicia e Portugal, cun premio de 6 000 euros e a publicación do libro

María del Rosario López Sanchez converteuse na gañadora do XXXV Premio de Poesía Cidade de Ourense. O xurado, composto por Carlos da Aira (gañador da pasada edición), Celia Pereira (activista cultural), Rochi Nóvoa (poeta ourensá) e Mónica F. Valencia (Técnica de Normalización do Concello de Ourense), reuniuse esta mañá no Auditorio para seleccionar a obra gañadora desta edición.

Baixo o título “Álbum”, Charo López Sánchez presentou un poemario do cal o xurado destacou a súa claridade nítida, superando ós 49 participantes presentados provintes de Galicia e de Portugal, e situado en primera posición de forma unánime.

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Artigos relacionados

Back to top button