ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Garda Civil da Rúa celebra a Virxe do Pilar

Tamén na Rúa a Garda Civil honraba á súa patroa, a Virxe do Pilar, neste 12 de outubro. Ao mediodía tiña lugar unha celebración relixiosa na igrexa de Fontei á que acudían membros da Garda Civil, xunto con representantes municipais da Rúa (entre eles o seu alcalde, Luis Fernández), así como os rexedores do Bolo, Manuel Corzo; Vilamartín; Enrique Álvarez; e Larouco, Joaquín Prieto; ademais de numerosos veciños.

A misa estivo oficiada por tres sacerdotes: os párrocos de Fontei, Lisardo Paradelo; de Santo Estevo (A Rúa), Severino Pérez; e de Vilamartín, Eladio Álvarez.

Máis fotos da celebración da Virxe do Pilar en Valdeorras:
https://osil.info/a-garda-civil-do-barco-celebra-o-dia-da-virxe-do-pilar/

Artigos relacionados

Back to top button