OurenseÚltima hora

A Garda Civil de Ourense inspecciona o transporte escolar

O obxectivo é comprobar que “os vehículos que prestan este tipo de servizo reúnan as condicións técnicas axeitadas, así como que dispoñan das autorizacións administrativas correspondentes para realizar o transporte escolar”

 

Dende o luns 4 de febreiro e ata o 8 de febreiro,  o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense está a realizar unha “Campaña de Inspección de Transporte Escolar” cuxo obxectivo é comprobar que “os vehículos que prestan este tipo de servizo reúnan as condicións técnicas axeitadas, así como que dispoñan das autorizacións administrativas correspondentes para realizar o transporte escolar”.

Segundo se informa dende a Garda Civil, a inspección levarase a cabo naqueles colexios que teñen subscritos contratos con empresas para a prestación de servizo de transporte escolar, “inspeccionando tamén as rutas autorizadas, o cumprimento dos horarios así como dos itinerarios, incidindo nas estradas convencionais ao ser estas vías por onde circulan o maior número destes transportes e onde ten lugar unha maior sinistralidade”. Ademais efectuaranse controis de forma discrecional notros puntos, incluíndo as vías desdobradas.

Nas inspeccións que realicen os compoñentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense porase especial interese na “comprobación de que, tanto os vehículos como os seus condutores e as empresas autorizadas, cumpren todas as disposicións vixentes en materia de Transporte Escolar, especialmente as medidas de seguridade dos vehículos e o estado e condicións psicofísicas dos condutores que realizan a ruta”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close