OurenseÚltima hora

A Garda Civil de Ourense intervén un vehículo roubado en Portugal

 

O Grupo de Investigación e Análise da Garda Civil de Tráfico de Ourense interviña o pasado martes un vehículo da marca BMW, matriculado recentemente nesta cidade e que tiña sido roubado en Portugal en maio.

Segundo as investigacións levadas a cabo, a propietaria actual adquirírao recentemente e, tras realizar os trámites de matriculación en España, tíñao no seu poder dende facía só uns días, e todo apunta a que descoñecía a súa procedencia ilícita, tal e como informa a Garda Civil.

O vehículo foi trasladado ás dependencias da Comandancia da Garda Civil de Ourense, onde foi minuciosamente inspeccionado e identificado como o substraído en Portugal. “O roubo e substración de vehículos en terceiros países e a súa posterior comercialización en España é unha práctica delictiva que xera cuantiosos beneficios económicos nos que, finalmente, resulta prexudicado o comprador e posuidor final que, na maioría dos casos descoñece a procedencia do vehículo. Por norma xeral, e dependendo de futuras xestións co país reclamante, adoita ser devolto ao seu lexítimo propietario”, segundo indica a Garda Civil.

Os prezos atractivos e as boas condicións de conservación dos vehículos acostuman ser un reclamo efectivo para chamar a atención de futuros clientes, advirten dende a Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button
Close