OurenseÚltima hora

A Garda Civil de Tráfico de Verín auxilia a unha muller atrapada baixo unha árbore

 

Durante a realización dun servizo, a Garda Civil do Destacamento de Tráfico de Verín observaba o 24 de abril como na estrada N-532 a seu paso pola localidade de Mourazos (Verín), un vehículo ocupaba parte da calzada en circunstancias máis ben propias dunha parada de emerxencia.

Ante esta situación, achegábanse á vivenda máis próxima ao citado vehículo, momento no cal foron abordados por un veciño que pedía auxilio porque unha muller, de 62 anos de idade, estaba atrapada debaixo da árbore que fora talada por un familiar no xardín da súa vivenda. Os axentes colaboraron activamente no rescate e deron aviso inmediato aos servizos sanitarios, tal e como vén de informar a Comandancia da Garda Civil de Ourense.

Unha vez rescatada, a muller foi evacuada en estado grave ao Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO), onde foi ingresada na Unidade de Cuidados Intensivos e permanece en estado estable.

Artigos relacionados

Back to top button