OurenseÚltima hora

A Garda Civil de Tráfico de Verín detecta 2 veces no mesmo día a un condutor con alcoholemia positiva

Imaxe cedida.

 

Axentes do Destacamento de Tráfico de Verín interceptaban sobre as 12:30 horas de onte, cando realizaban labores propios da especialidade na localidade de Verín, a un vehículo e facíanlle a proba de alcoholemia ao seu condutor, de nacionalidade portuguesa, que se desprazaba a traballar a Verín. A proba daba un resultado “positivo de 0,49 mg/ l. Ao non poder seguir conducindo, avisou ao dono da súa empresa para que recollese a furgoneta que conducía”, tal e como informa a Garda Civil.

Sobre as 17:30 horas, outra patrulla do mesmo Destacamento de Tráfico, nas proximidades da localidade de Trasmiras, durante un control de alcoholemia, realizaba a proba a este mesmo condutor, que circulaba coa mesma furgoneta da mañá, dando así mesmo un resultado positivo, cunha taxa de 0,37 mg/ l.

“Este condutor foi condeado en tres ocasións coa perda de vixencia do seu permiso de conducir, polo que se trata dun condutor reincidente. Desde o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense faise un chamamento á responsabilidade dos condutores, para que eviten conducir cando inxerisen alcol ou drogas, así como ao resto dos cidadáns, para que comuniquen ás forzas da orde cando sospeiten que hai persoas que conducen inxerindo este tipo de substancias, o que redundará en beneficio de toda a poboación”, tal e como indica a Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button