ConcellosÚltima hora

A Garda Civil de Tráfico do Barco localiza a un cidadán dominicano en situación irregular que viaxaba como ocupante dun camión

No vehículo, que transitaba pola estrada N-536, ían outras dúas persoas

 

Durante a realización dun control de tránsito de vehículos na estrada Nacional 536, a Garda Civil de Tráfico do Barco de Valdeorras observaba o pasado luns como nun camión viaxaban tres persoas en contra do establecido nas medidas establecidas como consecuencia do actual estado de alarma.

Despois de realizar unha inspección do transporte, motivo do desprazamento e filiación dos ocupantes do vehículo, os axentes detectaban que un deles, “un varón de 31 anos de idade, de nacionalidade dominicana encontrábase en situación irregular no país, manifestando que era irmán dun dos outros ocupantes e que residía no seu domicilio, realizando traballos de carga e descarga de leña”, segundo se informa dende a Comandancia da Garda Civil de Ourense.

Ante isto, a Garda Civil procedía á realización da correspondente acta de denuncia á lei de seguridade ciudadá por non ser este un desprazamento autorizado ao amparo das directrices contempladas no Real Decreto do estado de alarma e traspasaba as dilixencias correspondentes ao Departamento de Extranxeiría da Policía Nacional para o inicio de trámites de expulsión.

Artigos relacionados

Back to top button