OurenseÚltima hora

A Garda Civil desenvolve unha campaña de entrega de chalecos reflectantes a peóns

O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense está realizando esta campaña orientada ás persoas maiores, “debido a que son as que máis desprazamentos curtos a pé realizan e a que acostuman empregar prendas de vestir de cores pouco chamativos”

 

Tendo en conta a diminución de horas diurnas durante o outono, o Subsector de Tráfico da Gardia Civil de Ourense está realizando unha campaña de entrega de chalecos aos peóns que se encontran transitando as estradas da provincia. Estes chalecos foron proporcionados pola Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense.

Esta campaña está especialmente orientada ás persoas maiores, “debido a que son as que máis desprazamentos curtos a pé realizan e a que acostuman empregar prendas de vestir de cores pouco chamativos”, indican dende a Garda Civil.

Con esta iniciativa preténdese “concienciar a estes peóns de que coa redución de horas de luz diurna, as frecuentes zonas de néboa, a existencia de días chuviosos e a ausencia da iluminación solar, propia das estacións de outono e invierno, convértense nun colectivo moi vulnerable que sufre frecuentemente atropelos”, destaca a Garda Civil

Tamén se intenta facerlles ver non só é obrigatorio o uso do chaleco de alta visibilidade entre a posta e a saída do sol, senón que nos casos de redución de visibilida pola variación das condicións climatolóxicas, deben facer uso desta prenda. Tamén se lles aconsella que sempre que camiñen por estrada, polos seus arcéns ou polas beirarrúas situadas fóra dos núcleos de poboación, a empreguen, aínda que as condicións climatolóxicas sexan favorables.

Esta é unha campaña de carácter informativo, “de ben indícase aos caminantes que o contravir as normas pode ser obxecto de sanción xa que non facer uso de prendas de alta visibilidade cando é obligatorio, está sancionado polo artigo 123 do Regulamento Xeral de Circulación con 80 euros de sanción”, segundo matiza a Garda Civil.

No marco desta campaña tamén se distribuían 30 chalecos reflectantes doados polo Subsector de Tráfico da Garda Civil de Valdeorras o pasado 4 de novembro, tras a celebración da IX Andaina de Manzaneda, III BTT e II Trail.

Nesta galería de fotos poden verse imaxes tomadas tras a Andaina de Manzaneda, onde se entregan os chalecos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button
Close