OurenseÚltima hora

A Garda Civil detén a 5 persoas por 30 roubos con forza na comarca da Limia

 

No marco da Operación “GiroOu”, a Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense, con apoio de unidades de Xinzo de Limia, detiña onte xoves, 11 de xuño, a cinco persoas como presuntos autores de varios delitos de robo con forza cometidos na Comarca da Limia nos últimos meses, especialmente en naves industriais e agrícolas.

Os detidos, todos de nacionalidade española, eran J. A. P. G. de 50 anos de idade, J. F. L. de 24 anos, B. P. C. de 54 anos, R. F. G. de 34 anos e J. G. R. de 36 anos.

“Dende finais do ano 2019 tívose coñecemento dun incremento de roubos con forza en naves agrícolas e industriais na comarca da Limia, nos que os autores, tras forzar as portas de entrada, substraían ferramentas e maquinaría, causando importantes perdas económicas ás vítimas. O valor dos obxectos roubados estaría situado cerca dos 100.000 euros”, segundo informa a Garda Civil.

Despois de realizar un minucioso estudo do conxunto de roubos, os axentes centraron as súas pesquisas en tratar de atopar o material roubado, conseguíndoo finalmente nas últimas semanas. Posteriormente, analizárono e cotexárono con todas as denuncias presentadas, descubrindo que algúns obxectos pertencían a roubos cometidos en instalacións do Concello de Xinzo de Limia correspondentes ao ano 2018.

Unha vez pasaron por dependencias policiais, os detidos foron postos en liberdad polo Xulgado de Instrucción de Xinzo de Limia.

Os investigadores continúan analizando o material incautado, ante as sospeitas de que isto poida estar vinculado a máis roubos da comarca de A Limia e limítrofes.

Artigos relacionados

Back to top button
Close