ConcellosO BarcoÚltima hora

A Garda Civil detén a dous veciños do Barco que intentaban fuxir con 160 gramos de marihuana

Marihuana incautada.

 

A Garda Civil do Barco de Valdeorras detivo a dous veciños da localidade barquense, de 21 e 30 anos de idade, como “presuntos autores dun delito contra a saúde pública ao incautarlle 160 gramos de marihuana”.

Os feitos tiñan lugar na tarde de onte, 2 de marzo, cando os detidos eran interceptados pola Policía Local do Barco porque tiñan o coche mal estacionado. “Pedíronlle que o movese do lugar pero aseguraban non ter chaves, polo que tras observar unha conduta extraña, o vehículo era trasladado pola grúa ata o exterior do cuartel, á espera de que o o pai dun dos detidos e dono do coche poidese facerse cargo”, explican dende a Garda Civil.

Unha hora máis tarde os propios axentes observaron “como os dous detidos se acercaban ao vehículo e tras abrilo e coller un paquete fuxían correndo do lugar”, momento no que eran detidos, pasando esta mañá a disposición xudicial no Xulgado Nº 1 do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button