ConcellosÚltima hora

A Garda Civil detén a un barquense como presunto autor dun delito de tráfico de drogas

 

A Garda Civil de O Barco de Valdeorras procedía na tarde do xoves 27 de febreiro á detención de J.A.R, de 47 anos de idade e veciño de O Barco de Valdeorras, como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.

Tras recibir varias informacións dunha persoa que se dedicaba á venda ao menudeo de heroína nesa zona da vila, a Garda Civil puxo en marcha un dispositivo que daba como resultado a detención.

Este barquense era “sorprendido nunha zona próxima á Estación de Autobuses de O Barco de Valdeorras, con 9 doses de heroína, 8 doses de metadona, e 160 euros en billetes fraccionados”, segundo a Garda Civil.

O detido conta xa con dúas detencións previas por tráfico de droga e outra detención por conducir carecendo de permiso de condución.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button