ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Garda Civil do Barco festexa o día da Virxe do Pilar

Con diversos actos honra a Garda Civil do Barco á súa patroa, a Virxe do Pilar, neste venres 12 de outubro. Ao mediodía celebrábase na igrexa de Santa Rita desta vila unha misa, oficiada polo sacerdote Tomás Rodríguez, durante a cal actuaba o coro parroquial de San Mauro.

Entre os asistentes a esta celebración relixiosa estaban o alcalde de Rubiá, a alcaldesa de Carballeda e diversos concelleiros do grupo de goberno municipal do Barco, entre eles o tenente de alcalde Aurentino Alonso.

 

Máis información e fotos sobre a celebración do día do Pilar en Valdeorras:
https://osil.info/a-garda-civil-da-rua-celebra-a-virxe-do-pilar/

Artigos relacionados

Back to top button