ConcellosO BarcoÚltima hora

A Garda Civil do Barco detén a dous homes roubando no punto limpo de Viloira

Están acusados dun delito de roubo con forza tras romper un candado para acceder ao recinto

 

Na xornada de onte, 25 de outubro, a Garda ivil do Barco de Valdeorras detiña a dous homes de 31 e 41 anos, de orixe rumana e veciños de Ourense, como presuntos autores dun delito de roubo con forza, ao ser sorprendidos no interior do punto limpo de Viloria, no concello barquense ao cal accedían tras romper un candado.

O caso foi trasladado ao Xulgado número 1 do Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button