ConcellosÚltima hora

A Garda Civil do Barco detén a dous veciños da vila como presuntos autores dun roubo con intimidación

 

Dúas persoas eran detidas na mañá do 2 de outubro pola Garda Civil do Barco como presuntos autores dun delito de roubo con intimidación sucedido o 1 de outubro nun domicilio do Barco, onde “tras timbrar á porta, intimidaron ao propietario, ameazándoo de morte, e apoderáronse dunha maleta que contiña roupa de diferentes marcas”, segundo se informa dende a OPC da Comandancia de Ourense da Garda Civil.

Tratábase de D.F.R. de 20 anos de idade e de A.J.R. de 41 anos, ambos veciños do Barco de Valdeorras. O caso está agora en mans do Xulgado de Instrución un do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button