OurenseÚltima hora

A Garda Civil identifica a un neno de 9 anos conducindo unha furgoneta en compaña do seu pai

 

Arredor das 22h. do 11 de decembro axentes da Garda Civil do Subsector de Tráfico de Ourense identificaban no km 0,100 da estrada que une as localidades de Carballeira e Mioteira (San Cibrao das Viñas), “observaban unha furgoneta Peugeot Expert que circulaba por esa vía aberta ao tráfico en xeral estaba conducida por unha persoa que aparentemente podería tratarse dun neno. Unha vez déronlle o alto e interceptaron o mencionado vehículo, puideron comprobar que o condutor tiña 9 anos de idade e viaxaba acompañado do seu pai, que ocupaba o asento dianteiro dereito”, segundo informa a Garda Civil.

A Garda Civil procedía a tomar declaración en calidade de investigado ao pai como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, “posto que o menor dada a súa curta idade e de acordo co vixente Código penal é inimputable antes dos 14 anos e, por tanto, está exento de responsabilidade penal”, segundo a Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button