EconomíaEconomíaÚltima hora

A Garda Civil investiga un furto de castañas en Trives

Vén de tomar declaración, en calidade de investigadas, a cinco persoas, catro homes e unha muller, veciños de Esgos, Maceda e Tarragona

Tras una denuncia presentada polo representante dunha asociación veciñal de Penafolenche (Trives), onde relata a apropiación indebida de 60 quilos de castañas nunha finca propiedade da asociación, a Garda Civil de Trives vén de tomar declaración en calidade de investigadas a cinco persoas como presuntos autores dun delito leve de furto de castañas.

Trátase, segundo se informa dende a Comandancia da Garda Civil de Ourense, de C.S.B, de 34 anos de idade, veciño de Maceda; E.F.C, de 27 anos de idade, veciño de Moncada (Tarragona), J.S.B, de 23 anos de idade, S.R., de 21 anos de idade e a E.S.H, de 18 anos de idade. Este tres últimos son veciños de Esgos.

 

Artigos relacionados

Back to top button