OurenseÚltima hora

“A Grandeza do Miúdo”, exposición fotográfica colectiva no Liceo de Ourense

Da man da Agrupación FotoSíntese, permanecerá aberta do 16 ao ao 31 de decembro

Cartel da exposición.

 

Hoxe, 16 de decembro, ás 20:30h. inaugúrase no Liceo de Ourense, a exposición fotográfica colectiva da Agrupación FotoSíntese, “A Grandeza do Miúdo”.

Composta por 50 imaxes de 25 fotográfos da agrupación ourensá, a mostra fai unha pescuda pola beleza nos detalles, pola aproximación ao que se denomina efecto macro. “Pretendemos abrir unha fiestra a un microcosmos que o ollo humano non é quen de captar ou percibir. Amosar todo ese cosmos de posibilidades que a imaxe fotográfica nos posibilita neste terreo”, explican dende o colectivo fotográfico que agradece ao Liceo de Ourense “as facilidades amosadas para poder colocar esta exposición nas súas salas”.

A mostra dos fotógrafos de FotoSíntese, que reflicten coas súas instantáneas “unha visión máis de preto das cousas sinxelas e cotiáns que nos rodean”, permaneceá aberta ata o 31 de decembro.

Artigos relacionados

Back to top button