EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A “Guía de Viños de Galicia”, de Luis e Alejandro Paadín, gana o Premio IWC Merchant Awards

Alejando e Luis Paadín no momento de recoller o galardón en Madrid./ Foto cedida.

 

Na noite do 4 de novembro Luis e Alejandro Paadín, editores da “Guía de viños, destilados e bodegas de Galicia”, recollían no decurso nunha cea no Hotel Palace de Madrid o prestixio premio IWC Merchant Awards do Reino Unido dentro da categoría “Mellor Guía de Viños”.

Estes recoñecementos contaban cun xurado formado por figuras tan recoñecidas no mundo da enogastronomía como Fernando Mora MW o Ferrán Centelles e que estaba presidido por Pedro Ballesteros, Master of Wine.

“Aínda que a Guía nace das nosas mans, con cada edición dilúese máis o valor da súa autoría e pasa a ser un ben de todo o colectivo galego. Hoxe, todos podemos estar orgullosos de que unha Guía rexional se trate de ti a ti con nacionais e internacionais”, sinalan os galardoados.

Hai dous anos a “Guía de viños, destilados e bodegas de Galicia”, editada por Luis e Alejandro Paadín, facíase tamén co prestixioso Gourmand World Cookbook Awards 2017, Premio Especial do xurado como mellor libro de Bebidas do Mundo 2017.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close