EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

“A Guía de Viños de Galicia”, que dirixe Luis Paadín, finalista nos premios IWC Merchant Awards do Reino Unido

Estes galardóns están considerados as máis importantes distincións do sector da enogastronomía europea e fallaranse o 4 de novembro

Presentación da edición 2019 da “Guía dos Viños de Galicia”, en Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Novo recoñemento internacional para a “Guía de viños, destilados e bodegas de Galicia”, que dirixe Luis Paadín. Esta obra é finalista nos premios IWC Merchant Awards británicos, os mellores do sector da enogastronomía europea. Na súa categoría tan só compite con outro traballo.

Segundo o seu editor, Luis Paadín, esta nova é un reflexo “da madurez e grao de coñecemento que ten acadado o viño galego no mundo”. Os premios nos que está nomeada a guía dos viños galegos naceron hai 25 anos no Reino Unido e dende hai catro anos contan coa súa propia edición en España. Teñen como fin distinguir a profesionalidade no sector da distribución e das industrias do viño en España.

Normalmente, a distinción premia as novas ideas e formatos, os casos de éxito, os novos modelos de negocio e as innovadoras formas de achegarse ao consumidor. O fallo, no que se coñecerá ao gañador, terá lugar en Madrid o próximo 4 de novembro.

A “Guía de viños, destilados e bodegas de Galicia” chegará este ano á súa décima edición, que será presentada o próximo mes de decembro. Trátase da única guía galega sin publicidade, con máis de 15.000 exemplares editados, que ausculta o estado e os productos de máis de 500 adegas, proporcionando máis de 1.500 referencias, máis de 1.000 fichas de cata e con máis de 1.200 viños participantes por edición.

Grazas a ela, os viños de Galicia teñen estado presentes nas edicións do Galician Wines, nas que máis de 3.500 persoas –sumilleres, hosteleiros, prensa especializada e público xeral- teñen desfrutado e coñecido os viños galegos.

Para Luis Paadín esta obra estase a converter “na ferramenta definitiva para a promoción dos viños de Galicia”, xa que non todas as comunidades autónomas contan cunha guía propia.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close