CulturaCulturaÚltima hora

A historia da enerxía hidroeléctrica ligada a Viana, A Veiga e Porto

José María Pérez, enxeñeiro trivés, vén de presentar o seu libro “La fuerza de nuestros ríos” na Biblioteca de Verín

Nos anos 50 os municipios ourensáns da Veiga e Viana do Bolo, xunto co veciño de Porto (Zamora), vivían unha auténtica revolución ligada á construción dunha serie de saltos para producir enerxía hidroeléctrica. Isto supoñía un antes e un despois para estes lugares e para a vida das súas xentes. O trivés José María Pérez López analiza coidadosamente esta etapa histórica no seu libro “La fuerza de nuestros ríos. Una historia de Viana, Porto, A Veiga y la energía hidroeléctrica” (Andavira, 2018), que se presentaba na tarde do 15 de novembro na Biblioteca do Concello de Verín. Neste acto era presentado polo investigador e forense Fernando Serrulla.

Nesta obra, que o seu autor define como un ensaio, comeza falando, de forma introdutoria, sobre a enerxía eléctrica e hidroeléctrica para despois amosar a situación previa á construción dos saltos de San Sebastián e San Agustín (Viana do Bolo), Prada (A Veiga) e o de Porto nestes lugares. Afonda seguidamente no proceso de construción destas infraestruturas e, paralelamente, no fenómeno de emigración no rural nos anos 60.

Este volume aborda ademais a evolución destas instalacións hidroeléctricas no tempo e o que significaron para estas zonas ourensás e zamoranas dende un punto de vista enerxético, económico e social, dende a súa creación ata os nosos días.

Fotos: Biblioteca de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button