ConcellosParada de SilÚltima hora

A historia de amor entre Brancaflor e Xan, en Parada de Sil

Sete Magníficos máis un representaba "A historia de Brancaflor" neste municipio da Ribeira Sacra

Imaxe da actividade / Foto: cedida.

 

Dentro da súa programació cultural de verán, Parada de Sil acollía este venres 28 de agosto, unha sesión de contacontos. A actividade tivo lugar no salón de plenos da Casa Consistorial, ás 19:00h, e o aforo estivo limitado para garantir o cumprimento das medidas e protocolos sanitarios derivados da pandemia do coronavirus.

A compañía de teatro “Os Sete Magníficos Máis Un” recreaba “A Historia de Brancaflor”, que constitúe a primeira obra unipersonal así como o debú do grupo no ámbito dos contacontos. A interpretación estivo acompañada de xogos de maxia para reforzar a comprensión da historia, facendo máis atractivo o espectáculo.

“A Historia de Brancaflor” está inspirada da lenda “Brancaflor, a filla do Diaño”, a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro deixou na súa antoloxía “Contos Marabillosos”. Narra a historia de amor entre Brancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da chica.

Artigos relacionados

Back to top button