CulturaCulturaÚltima hora

A historia de San Paio de Abeleda, feita documental

A Asociación O Sorriso de Daniel presentará este traballo o 12 de setembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra en Monforte
Patio interior do Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos.
Patio interior do Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos.

Ao longo de 25 minutos o documental “A memoria de Abeleda” afonda na importancia dun dos edificios máis importantes da Ribeira Sacra, actualmente en estado de abandono: o mosteiro ourensán de San Paio de Abeleda. Será presentado ás sete da tarde do sábado 12 de setembro pola Asociación O Sorriso de Daniel no Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos.

Este traballo audiovisual de Iria Puga, e que conta co patrocinio da Universidade da Coruña, amosa tamén a necesidade de seguir traballando pola súa recuperación, na liña que vén desenvolvendo a asociación O Sorriso de Daniel dende o 2010.

http://osorrisodedaniel.blogspot.com.es

Artigos relacionados

Back to top button
Close