CulturaCulturaÚltima hora

A historia de tres xeracións de mulleres en Dublín en “Meu Ben”

A obra representábase na noite do 17 de outubro no Teatro Lauro Olmo do Barco
Escea inicial de "Meu ben"./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Escea inicial de “Meu ben”./ Foto: Ángeles Rodríguez.

“Boa noite meu Ben!”. Abrazada á súa filla e á súa neta, Kay pronuncia a frase da derradeira escea da obra. En “Meu Ben” estes tres personaxes van trenzando unha historia común, dende unha singular perspectiva feminina de tres xeracións moi diferentes no Dublín contemporáneo. Con ela a compañía Eme2 conquistaba ao público valdeorrés na noite do 17 de outubro no Teatro Lauro Olmo do Barco.

Apoiándose no texto de Elaine Murphy, Álvaro Lavín dirixe unha comedia que retrata ao longo dun ano a dureza da vida de Amber, Kay e Lorraine, salpicada de xiros inesperados, algúns negativos, pero que acaban abrindo xanelas á esperanza. E nese percorrer, narrado en forma de monólogos, as tres despregan con acerto un sentido de humor clave para enfrontarse aos reveses do destino.

As tres actrices que participan na obra, ao final da función./ Foto: Ángeles Rodríguez.
As tres actrices que participan na obra, ao final da función./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Esta é a segunda obra que se representa no Teatro Lauro dentro da programación cultural deste outono no Concello do Barco.

Texto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button