ConcellosEn portadaÚltima hora

A historia dos saltos do oriente ourensán contada por José M. Pérez

Este investigador trivés presentará o sábado 23 de marzo ás 19h. no Auditorio da súa vila o libro “La fuerza de nuestros ríos”
Jose María Pérez, autor de “La fuerza de nuestros ríos. Una historia de Viana, Porto, A Veiga y la energía hidroeléctrica”, na ponte sobre o Piago (Trives)./ Foto cedida por J. M. Pérez.

Os encoros están moi presentes dende hai décadas na paisaxe das terras do oriente ourensán. Dende a súa construción (a partir dos anos 60) ata a actualidade foron deixando unha pegada socioeconómica no entorno no que foron construídos e nela afonda un completo traballo titulado “La fuerza de nuestros ríos. Una historia de Viana, Porto, A Veiga y la energía hidroeléctrica” (Andavira, 2018). É obra do enxeñeiro trivés e profesor no IES Carlos Casares de Viana, José María Pérez López, quen o presentará na súa vila o vindeiro 23 de marzo.

Será un acto que comezará ás 19h. e que terá lugar no Auditorio Julio Vázquez de Trives. Na súa intervención José María Pérez abordará a historia da construción das presas e das centrais que eran de Moncabril e que están na Veiga, en Porto (Zamora) e en Viana do Bolo. Explicará como se construíron, como evolucionaron e a relación que foron mantendo con toda a zona.

Ademais falará das presas e das centrais que existen en Trives, Chandrexa de Queixa, Vilariño de Conso e Manzaneda, que pertencían a Saltos del Sil. Sobre elas está traballando nestes momentos José María Pérez co fin de preparar outro estudo.

 

Artigos relacionados

Back to top button