OurenseÚltima hora

A historia protagoniza os Roteiros Culturais 2018 de Boborás

10 rutas por 14 parroquias do municipio percorrendo os vestixios prehistóricos, a pegada romana, os castros a época medieval son algunhas das propostas
Presentación dos roteiros.

Poñer en valor para veciños e visitantes “o gran legado histórico e as calidades paisaxísticas do municipio de Boborás, unindo natureza e tradición nun dos concellos con maior riqueza patrimonial, un tesouro para os sentidos, que mantén viva a memoria do territorio”, é segundo o presidente da Deputación Manuel Baltar, o obxectivo dos Roteiros Culturais 2018, unha iniciativa didáctica e de lecer que se celebrará en Barbadás.

Preto de mil persoas participaron na pasada edición do programa cultural, sendo as 10 rutas por 14 parroquias do municipio percorrendo os vestixios prehistóricos, a pegada romana, a flora e a fauna, os castros a época medieval e as antigas fábricas de papel, cera e serradoiros, algunhas das propostas para esta edición.

As rutas, que se iniciaron neste mes de xuño, continuarán ata novembro, os domingos en horario de 9.30 a 13.30 horas, sendo o punto de encontro o núcleo de Boborás. Os percorridos teñen unha distancia duns cinco quilómetros e a diferenza das andainas, nesta modalidade o grupo vai facendo paradas nas parroquias da contorna, onde os guías explican as peculiaridades de cada lugar. As datas dos seguintes roteiros son: en xullo, días 8 e 29, Feás e Cardelle, respectivamente; o 4 de agosto en Moldes; en setembro, os días 2 e 23, Pazos de Arenteiro-Albarellos e O Regueiro-Feás; 0 14 de outubro, a ruta Laxas-Pazos de Arenteiro; e en novembro, os días 4 e 18, a ruta de Moreiras-Xendive e a de Cameixa, respectivamente.

 

Carteis dos roteiros culturais.

Artigos relacionados

Back to top button