EconomíaEconomíaÚltima hora

A hostalaría barquense sairá mañá á rúa en defensa do sector

 

Para mañá mércores, 21 de abril, ás 13h. está prevista unha concentración en defensa do sector hostaleiro do Barco na praza do Concello. Deste xeito queren amosar o seu malestar pola situación arrestrada ao longo de máis dun ano de pandemia e polas medidas restritivas establecidas durante este tempo.

A concentración será secundada por hostaleiros barquenses, distribuídores de hostalaría e adegueiros. “Levamos máis dun ano soportado o ataque dos nosos políticos ao sector da hostalaría e ao ocio nocturno, arrastrando a multitude de familias que viven directa ou indirectamente destes sectores”, aseguran os promotores da concentración.

Artigos relacionados

Back to top button