EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

A hostalaría de Manzaneda volve a funcionar con garantías nesta fase 1 da desescalada

 

Respectando os protocolos e gardando as medidas de seguridade e distancia, a hostalaría de Manzaneda volvía a traballar o pasado luns, tras case dous meses sen actividade. Os dous establecementos da vila reabrían gardando os protocolos e respectando as distancias nun concello, polo de agora, libre de coronavirus.

Os veciños, agradecidos de poder volver saír das súas casas para compartir un café, acudían de novo gardando tamén as medidas de seguridade. Mesmo un dos locais preparou unha zona de terraza ampla e cunha notable separación entre as mesas. “O 99% da xente está respondendo moi ben e agora esperan que, se todo segue ben, dentro dun par de semanas xa poidan novamente poder xogar a partida, algo que botan de menos”, comenta o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández.

 

 

Tamén nesta semana volvían a abrir as portas establecementos comerciais como unha mercería, mentres que a perruquería de Manzaneda facíao na pasada.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button