En portadaSanidadeÚltima hora

A I Carreira e Andaina contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín xa roza os 500 inscritos

Esta proba solidaria desenvolverase na mañá do vindeiro domingo 25 de novembro con saídas dende Valdegodos

Conta atrás para a I Carreira e Andaina das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín. A falta de tres días para esta cita solidaria e deportiva o número de inscritos xa roza o medio millar. Así, no mediodía deste xoves 22 de novembro 74 persoas realizaban xa a súa inscrición na carreira, uns 374 na andaina de maiores e outras 84 na andaina de menores.

Esta iniciativa está promovida por varias veciñas de Vilamartín xunto con ACANPAN (Asociación de Cáncer de Páncreas) e AESPANC (Asociación Española de Pancreatología) en colaboración coa Delegación da F.G.A en Valdeorras. Tamén conta co apoio, entre outras entidades, do Club Peña Trevinca Barco e dos Concellos de Vilamartín, Rubiá e O Barco. Trátase dunha dobre cunha andaina (con saída ás 10:30h.) e unha carreira (que comezará ás 11:30h.) de 11 km. Ambas partirán dende o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Valdegodos.

A súa inscrición ten un custo de 10 euros para os adultos e de 5 euros para os nenos. Este importe será doado integramente á investigación en cancro de páncreas. Ademais pode haber tamén inscricións de “fila 0”, é dicir, de persoas que queiran colaborar aínda que non acudan ás probas. Ao remate da andaina e da carreira haberá unha pequena convivencia entre todos os asistentes.

Máis información e inscricións:
https://www.carreirasgalegas.com/carreira/i-carreira-e-andaina-das-cidades-contra-o-cancro-de-pancreas/33c1eeff-bc3c-ff96-633f-39e974c7adfb

Artigos relacionados

Back to top button