Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A I edición de Musgo supera as expectativas mobilizando a máis de 2.500 persoas na fin de semana en Ourense

O festival de música de outono en Ourense incluíu 9 concertos, 4 pinchadiscos, un roteiro turístico, suxerencias gastronómicas e actividades infantís

 

A abundante chuvia caída durante a xornada do pasado sábado en Ourense non impediu que un público entregado respondese activametne á chamada do Musgo, que superou as mellores expectativas de asistencia nesta primeira edición do evento, que bota a andar ao abeiro do programa da Xunta “O teu Xacobeo”.

Nove concertos, catro pinchadiscos, un roteiro turístico, suxerencias gastronómicas e actividades infantís, conformaron unha oferta diversa e interxeracional que mobilizou durante a fin de semana arredor de 3.000 persoas de todas as idades, segundo a organización. 2.500 pasaron pola praza Saco e Arce, que se sconverteu no epicentro cultural de Ourense entre as cinco da tarde e a unha da madrugada. “Estamos tremendamente agradecidos ao público asistente, o día quixo poñelo todo en contra, e o esforzo da equipa foi titánico para que todo saíra adiante. Vista a resposta sabemos que pagou a pena e que pagará a pena repetir”.

A música empezaba a soar xa o venres no Torgal, coa actuación de Camellos na súa versión máis acústica pero sen perder un ápice de frescura. O dj ICF puxo a nota electrónica ata ben entrada a madrugada.

Pero era o sábado o que traía a artillaría pesada deste primeiro ano de Musgo. Yania Zafiro abría a xornada na sesión vermú. Cunha estética naif e potenciais hits envoltos en dreampop, o seu concerto serviu para recibir a un público que rapidamente foi ateigando a capacidade da galería de El Pueblo. Seguíronlle Blanco Palamera. En formato trío, engadindo un baixo á formación, deron unha volta de torca aos seus temas, poñendo ao público a bailar pegados. Rematada a sesión vermú, os locais de hostalaría da contorna enchéronse na pausa para xantar.

 

 

Pola tarde tocáballe a programación na praza onde unha carpa agardaba para gorecer ao público da chuvia durante as seguintes oito horas. A elegancia electrónica de Lince abría os concertos no recinto cando pasaban uns minutos das cinco da tarde. A súa voz colouse entre as pedras do casco histórico convocando a quen aínda estaba apurando a sobremesa polos arredores. A continuación foi a quenda de Ladrillo y Mujer que deixaron ben claro que o seu é inclasificable. Punk, electro pop, rock,… déronlle a todo e atraparon a quen para esa hora xa estaba na praza. Mourn foron as seguintes coa proposta máis guitarreira da programación, cun directo sólido e contundente.

Superado o ecuador de concertos, cando faltaban uns minutos para as nove da noite, chegaba a actuación que máis expectación xenerara desde o anuncio do cartaz de Musgo, Baiuca Con máis de 600 persoas dentro do recinto (aforo completo), o de Catoira, acompañado nas visuais de Adrián Canoura, deixou claro por que é a grande revelación da música galega dos últimos anos, cun set impecable que converteu a praza nun gran folión. Co ambiente caldeado, tomaron o relevo os portugueses Whales, sumerxindo á praza nun directo intenso, entre capas vocais e secuencias electrónicas que deron paso ao dúo AK/DK. Os británicos trouxeron todo o que ten que ser un directo: enerxía, adición diversión e sobre todo diferenciación. Con eles, e con medio milleiro de persoas aínda no recinto, concluían os concertos no escenario principal de Musgo por este ano, aínda que a festa estendeuse despois en El Pueblo Café Cultural coas pinchadas do internacional David Granha e os  ourensáns John Axiom e o dúo Lagoon.

Fotos: Musgo

Artigos relacionados

Back to top button